A Torre de Hércules amplía os criterios de descontos nos prezos das entradas

3 de xaneiro de 2018

Torre de Hércules

A política de aplicación de descontos na venda de entradas á Torre de Hércules cambia coa entrada en vigor da nova ordenanza que regula os presos públicos para o monumento. Os estudantes, os desempregados e as familias numerosas, entre outros, veranse beneficiados. Até o de agora, o criterio cinguíase case exclusivamente ás franxas de idade.

A partir do 2 de xaneiro, os titulares do Carné Internacional de Estudante ou de Profesor (ISIC e ITIC), xunto cos pensionistas poderán beneficiarse da entrada reducida ao monumento, que costa 1,50€. Ata 2017 unicamente eran beneficiarios os maiores de 65 anos, os menores de 14 e os usuarios de Carné Xoven, ademais dos grupos de mais de 20 persoas en visita concertada.

A partir do novo ano tamén se van beneficiar as persoas en situación de desemprego e os membros das familias numerosas, sempre acreditándose co preceptivo carné identificativo.

Por outra banda, a cota cero (entrada gratuíta) vaise estenderos acompañantes de persoas con discapacidade, sempre que esa compañía sexa imprescindible para poder desenvolver a visita, os membros da Asociación Española de Museólogos, os periodistas e o persoal docente afectado pola LO de educación 2/2006. Engádese á lista de gratuidade a Semana da ciencia e a Semana da ciencia na rúa.

A entrada continuará sendo gratuíta para as persoas discapacitadas, membros do ICOM, da Federación Española de Amigos dos Museos, Asociación Española de Amigos do Arqueolóxico, os grupos educativos do ámbito municipal, o terceiro sábado de cada mes entre outubro e xuño, todos os luns do ano, para os profesores responsables de grupo ou guías oficiais  no desenvolvemento do seu traballo, entre outros supostos.

 

Información completa sobre as visitas á Torre