Obradoiro infantil de arqueoloxía e xornada especial para celebrar o Día dos monumentos e sitios

18 de abril de 2018

Xornada de portas abertas  Con motivo da celebración do Día dos monumentos e sitios, a entrada á Torre de Hércules será de balde durante toda a xornada de hoxe, 18 de abril. Este ano o lema da xornada é O patrimonio para as xeracións. A Torre de Hércules está aberta de 10.00 a 18.00, con última entrada ás 17.30.  Estas actividades enmárcanse no Ano Europeo do Patrimonio Cultural, que a torre celebra baixo o lema Torre de Hércules. Cultura europea, patrimonio mundial.

O vindeiro sábado, 21 de abril, a Torre de Hércules celebra unha actividade en colaboración co Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón, que consistirá nunha visita guiada familiar ao museo ás 12.00 e un obradoiro infantil de arqueoloxía ás 16.00, no Centro de Interpretación da Torre de Hércules (CIAV). 

 

Hai 20 prazas que se completarán por orde de inscrición.

 

Os interesados en participar deberán apuntarse no 981 189 850.

 

A idade recomendada é para nenos e nenas de 10 a 12 anos. Os menores desa idade poden apuntarse, pero deberán acodir acompañados por un adulto.

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

 

Con motivo da celebración do Día dos monumentos e sitios, a entrada á Torre de Hércules será de balde durante toda a xornada de hoxe, 18 de abril. Este ano o lema da xornada é O patrimonio para as xeracións.

 

A Torre de Hércules está aberta de 10.00 a 18.00, con última entrada ás 17.30.

 

Estas actividades enmárcanse no Ano Europeo do Patrimonio Cultural, que a torre celebra baixo o lema Torre de Hércules. Cultura europea, patrimonio mundial.