Visitas á Torre

Entradas

Venda de entradas no Centro de Información e Atención ao Visitante (CIAV) a partir das 9.45h.

Luns, entrada libre. É necesario recoller o ticket no punto de venda do CIAV.

Horario

De luns a domingo
Semana Santa, do 12 ao 22 de abril, de 10.00 a 20.00, con última entrada ás 19.30. De outubro a maio: de 10.00 a 18:00 (peche de entrada ás 17:30h)
De xuño a setembro: de 10:00 a 21:00 (peche de entrada ás 20:30h)

Acceso

O ingreso ao monumento é por franxas horarias de 15 minutos, cun acceso limitado a grupos dun máximo de 17 persoas.

As entradas poden retirarse cun día de antelación á visita para poder realizala no horario desexado, agás aquelas que se adquiran para as xornadas de balde, que só poderán recollerse no mesmo día.

A venda anticipada pode dar lugar a que se cubra o aforamento diario permitido antes da hora de peche. A Torre de Hércules informa os visitantes que prefiran comprar as súas entradas no momento de acceso directamente nos nosos despachos de billetes* que podería darse esta circunstancia, polo que non se lles podería permitir o acceso co fin de dar obrigado cumprimento á normativa vixente en canto a limitacións de aforamento.

En aplicación do Plan de Autoprotección, o monumento permanecerá pechado con ventos de forza 7 ou superiores. Así mesmo, a terraza pécahse cando os ventos superan a forza 5.

Tarifas

Tarifa xeral: 3 €
Tarifa reducida: 1,50 €

Aplicarase nos seguintes casos:

  • Menores de 14 anos, titulares de Carné Xove e maiores de 65 anos.
  • Titulares do Carné Internacional de Estudante (ISIC) ou Carné Internacional de Profesor (ITIC).
  • Persoas en situación legal de desemprego, con presentación de documento acreditativo (España e EU).
  • Membros de familia numerosa, con presentación de documento acreditativo.
  • Grupos de máis de 20 persoas en visita, previamente concertada.
  • Os días e nos casos que estableza a Xunta de Goberno.
  • Cota cero

    Aplicarase nos seguintes casos:

  • Grupos educativos do municipio da Coruña en visita previamente concertada.
  • Entradas para os profesores responsables dos grupos ou guías turísticos no desenvolvemento das súas tarefas, previa presentación do seu carné.
  • Persoas con algunha minusvalía física ou psíquica, previa acreditación.
  • Visitas patrocinadas polo Concello, previa resolución que así o declare.
  • Visitas de membros da Asociación de Amigos do Arqueolóxico e do International Council of Museums.
  • Visitas de membros da Asociación Española de Museólogos.
  • Semana da ciencia e Semana da ciencia na rúa.
  • Terceiro sábado de cada mes, entre outubro e xuño.
  • Xornalistas, presentando acreditación.
  • Persoal docente debidamente acreditado.
  • Usuarios da Tarxeta turística.
  • O Día Internacional dos Museos.
  • Todos os luns do ano.
*Nota: As oficinas e a Torre de Hércules estarán pechadas os días 24,25 e 31 de decembro e tamén o 1 e 5 (serán) e 6 de xaneiro